mércores, 22 de maio de 2019

A Torre Eiffel arde en París





Noticia


Arde  París

A Torre Eiffel consumida polas chamas.

O luns vinte de maio a grande e vistosa Torre Eiffel comezou a arder bruscamente e misteriosamente en París.

Hoxe, vintedous de maio, segundo a policía e o alcalde franceses, os bombeiros xa conseguiron extinguir o lume aínda que houbo importantes danos xa que a base estivo a piques de partir. De feito, unha vez extinguido o lume, tiveron que estabilizar a base do monumento para que non houbera ningún risco. Por sorte, nese momento na Torre Eiffel non había ninguén, xa que era de noite e estaban facendo algunha que outra reforma no seu interior.

Este suceso é moi estraño, xa que este monumento está construído con metal, e é difícil, máis ben, algo case imposible, que unha cousa deste material poida prender lume, e ademais, tan bruscamente. Os bombeiros e as forzas de seguridade xa están investigando este sorprendente acontecemento. Ao non encontrar ningún material que puidera prender naturalmente, sospeitase que o incendio puido ser intencionado.

Os franceses, xa algo máis tranquilos, aínda que ao mesmo tempo tristes, están organizando campañas para recompilar o máximo de diñeiro posible, co fin de restaurar un dos símbolos máis importantes de Francia. O alcalde, preocupado por esta noticia, está axudando aos cidadáns co diñeiro porque cre que este suceso podería afectar negativamente ao turismo francés. De feito, o alcalde xa ten dispoñibles dous millóns de euros.

As forzas de seguridade xa teñen un sospeitoso que estaba preto da Torre Eiffel no momento do incendio. Van a interrogalo e a buscar o obxecto que podería ser a causa da traxedia acontecida en París antonte. Seguiremos informando.




Imaxe da Torre Eiffel de TheDigitalArtist en Pixabay






Ningún comentario:

Publicar un comentario