mércores, 29 de maio de 2019

Un autobús explota en Vigo




Noticia


Traxedia en Vigo

Un autobús escolar explota en Vigo.

A tarde do martes vinte e oito de maio explotou un autobús escolar en Vigo. Segundo os bombeiros, este levaba aos nenos de excursión. O autobús volvía do planetario de A Coruña a Vigo, onde queda o colexio. Os nenos tiñan entre once e trece anos e ían en sexto de primaria.

 Hoxe, mércores vinte e oito de maio xa se sabe o número de persoas que estaban no autobús nese momento, vinte e tres, vinte nenos dous profesores e o condutor. Morreron todos os que ían no vehículo. Os dous profesores organizaran esta saída para celebrar que os nenos pasaban para secundario.

A única testemuña do accidente foi María P. G., unha muller de trinta e cinco anos que afirma que viu a un home facer algo sospeitoso antes da explosión. Declarou que o home estaba na rúa e tirou algo ao autobús e xusto despois explotou. A policía encontrou a arma que provocou esta traxedia dentro do autobús, un explosivo moi potente.

 A muller aportou unha descrición ás forzas de seguridade e estas xa teñen retido a ese home. Hoxe pola tarde van interrogalo uns militares xa que isto poderíase considerar un acto de terrorismo. Se é así o acusado terá que pasar o resto da súa vida nun cárcere de máxima seguridade sen poder ver nunca máis aos seus dous fillos e á súa muller.

A policía tamén descubriu que o sospeitoso foi técnico de explosivos en Siria ata que o expulsaron por ser moi violento cos seus compañeiros xa que chegou a partirlle a nariz a un deles. Polo tanto el mesmo podería armar o complexo explosivo encontrado no autobús.

Os pais dos nenos están esnaquizados pola morte dos seus fillos. Todos eles reuníronse con carteis nos que poñía terrorista e asasino diante da comisaría de policía onde está retido o sospeitoso. Seguiremos informando sobre o terrorista que puido haber causado tantas mortes.




Imaxe do autobús escolar de javibcn41 en Flickr








mércores, 22 de maio de 2019

A Torre Eiffel arde en París





Noticia


Arde  París

A Torre Eiffel consumida polas chamas.

O luns vinte de maio a grande e vistosa Torre Eiffel comezou a arder bruscamente e misteriosamente en París.

Hoxe, vintedous de maio, segundo a policía e o alcalde franceses, os bombeiros xa conseguiron extinguir o lume aínda que houbo importantes danos xa que a base estivo a piques de partir. De feito, unha vez extinguido o lume, tiveron que estabilizar a base do monumento para que non houbera ningún risco. Por sorte, nese momento na Torre Eiffel non había ninguén, xa que era de noite e estaban facendo algunha que outra reforma no seu interior.

Este suceso é moi estraño, xa que este monumento está construído con metal, e é difícil, máis ben, algo case imposible, que unha cousa deste material poida prender lume, e ademais, tan bruscamente. Os bombeiros e as forzas de seguridade xa están investigando este sorprendente acontecemento. Ao non encontrar ningún material que puidera prender naturalmente, sospeitase que o incendio puido ser intencionado.

Os franceses, xa algo máis tranquilos, aínda que ao mesmo tempo tristes, están organizando campañas para recompilar o máximo de diñeiro posible, co fin de restaurar un dos símbolos máis importantes de Francia. O alcalde, preocupado por esta noticia, está axudando aos cidadáns co diñeiro porque cre que este suceso podería afectar negativamente ao turismo francés. De feito, o alcalde xa ten dispoñibles dous millóns de euros.

As forzas de seguridade xa teñen un sospeitoso que estaba preto da Torre Eiffel no momento do incendio. Van a interrogalo e a buscar o obxecto que podería ser a causa da traxedia acontecida en París antonte. Seguiremos informando.




Imaxe da Torre Eiffel de TheDigitalArtist en Pixabay