xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas



     
Copla 1

Os rapaciños de agora 
sempre telefoneando
hai que deixar as mensaxes
e comezar xa falando.


Copla 2

O galego a min me vai
é un idioma moi molón
con el regueifamos moito
e gozamos un montón.





O enroque


Boas xadrecistas!!!

     Hoxe vou a falarvos do enroque. O enroque é un movemento especial, xa que é o único que che permite mover dúas pezas nunha soa xogada ( o rei e unha das torres). 
     Este movemento é moi usado nas partidas xa que che permite esconder e asegurar o rei e ao mesmo tempo estás poñendo a torre a xogar. De feito é moi raro ver unha partida na que o xogador non se enroque. Eu, a dicir verdade, uso esta xogada sempre que podo.
     Hai dous tipos de enroque, o corto e o largo. O corto faise ca torre máis preta ao rei e o largo ca outra.

       Agora vouvos mostrar un vídeo no que podedes ver como se farían estes movementos, tanto o enroque corto como o largo:


Vídeo de vimeo.com



Espérovos na seguinte entrada.






venres, 5 de abril de 2019

Partida da Liga Galega

Ola!!!

Neste vídeo vouvos presentar unha das partidas pertencente á Liga Galega por Equipos de Xadrez   que disputei contra Luca Rey, un rival de moita consideración, que conseguiu derrotarme nesta ocasión.




Espero que vos gustara este vídeo. Estarei encantado de resolver tódalas dúbidas que vos xurdan durante a visualización.

Moitas grazas por seguirme.

A colocación das pezas

Boas outra vez internautas!!!

Como vos dixen na anterior entrada de xadrez hoxe vou explicar a posición inicial das pezas.





Isto sería un taboleiro de xadrez. Pode ser branco e negro ou marrón e unha especie de amarelo ou, coma este, de outras cores diferentes. Veña, imos cas pezas. Estas, sexan brancas ou negras, colócanse igual.

Como podedes ver no taboleiro, existen letras ( A-H ) e números ( 1-8 ) coas que formamos coordenadas a modo de saber o movemento de cada unha das pezas. 

Peóns: Os peóns son moi fáciles de colocar. Van todos na segunda fila.
Torres: As torres van na primeira fila, nas esquinas.
Cabalos: Os cabalos van ao lado das torres.
Alfís: Os alfís van despois dos cabalos.
Dama: A dama vai despois dos alfís. Segundo sexa branca ou negra irá na casa da súa cor. A branca na casa branca e a negra na casa negra.
Rei: E xa por último vai o rei. Pois moi fácil de colocar, na casa contraria á súa cor.                                                                                                                                


Na próxima entrada colgarei un vídeo mostrando e comentando unha das miñas partidas de xadrez da Liga Galega. 












                                                                         








xoves, 4 de abril de 2019

Análise crítica 2: Facenda reclámalle a unha nena o 19 % dun premio académico





Noticia: Facenda reclámalle a unha nena o 19 % dun premio académico

Fontes de información:

Fonte La Voz de Galicia

Facenda reclámalle a unha nena de 16 anos o 19 % dun premio académico

Fonte ABC Galicia

Facenda retén a unha nena 140 euros dun premio académico

Resumo da noticia:

      Inés Corrión Orosa é unha nena de dezaseis anos á que fai uns meses concedéronlle o premio extraordinario de ESO ao rendemento académico. Excepto na materia de debuxo de Primeiro, o resto do expediente de Inés son todo deces. O premio que lle deron ten un valor de setecentos cincuenta euros e Facenda reclámalle un dezanove por cento. Este dezanove por cento serían cento corenta euros do total.
    
     Os seus pais están protestando para ver se conseguen que Facenda non lle quite ese  dezanove por cento que agora lle reclama.



Opinión crítica:

         Creo que esa nena tivo que traballar moitísimo para conseguir as notas que obtivo e deberíaselle recoñecer todo este esforzo. Paréceme xenial que lle outorguen ese premio porque o merece xa que sacar practicamente todo deces é algo extraordinario. Non creo que Facenda estea facendo o correcto ao reclamarlle ese diñeiro. Creo que esta, o único que quere é enfastiar xa que a cantidade de diñeiro reclamada é insignificante.

A miña primeira entrada

Ola internautas!!!


Chámome David!!!

Abro este blog para falarvos da miña experiencia co xadrez. Estades tod@s invitad@s a descubrir este marabilloso mundo dos taboleiros e pezas que cando non se coñecen parecen cousas chinas.
Agardo polos vosos comentarios e preguntas para así poder axudarvos a descubrir este xogo fascinante.

Moitas grazas polo voso interese e comentarios. Agardo impaciente por vos.







Regras básicas do xadrez


O xadrez é un xogo de mesa que consta dun taboleiro  con sesenta e catro casas e trinta e dúas pezas. 

Dezaseis brancas e dezaseis negras.

Entre estas  hai:

  1. Dúas torres, as cales se moven  horizontal e verticalmente as casas que queiras e sen pasar por riba de ningunha outra peza.
  2. Dous cabalos, os  cales se moven en "L" e son os únicos que poden saltar por riba doutras pezas. 
  3. Dous alfís, os cales se moven en diagonal as casas que queiras.
  4. Oito peóns, os cales se moven unha casa cara diante ou dúas estando na posición inicial. Estes comen en diagonal.
  5. Unha dama, a cal se move en diagonal, en horizontal e en vertical as casas que queiras. Por isto é a peza máis importante de todas.
  6. E por último un rei, que se move como a dama pero só unha casa no máximo. Esta é a peza que tes que protexer para evitar que che ganen a partida. 

                


Na próxima entrada falareivos da posición inicial que cada unha delas ten no taboleiro ao inicio da partida. 

mércores, 3 de abril de 2019

Análise crítica 1: Incendio importante en Dodro




Noticia:  Incendio importante en Dodro.

Fontes de información:

Fonte La Voz de Galicia

Decretado o nivel 2 no incendio que comezou en Dodro estendeuse a Rianxo queimando 850 hectáreas

Fonte Diario de Arousa

O incendio forestal que afecta a máis de 600 hectáreas en Rianxo e Dodro obriga a desaloxar o IES Felix Muriel por precaución

Resumo da noticia:
       
       Un incendio que comezou onte ás oito da tarde en Dodro, preto dun miradoiro, xa queimou 850 hectáreas. Este incendio xa chegou a Rianxo onde tiveron que desaloxar unha escola. Decretouse o nivel dous pola proximidade do fogo ao núcleo de Meiquiz, na parroquia rianxeira de Leiro. O intenso vento está complicando as tarefas de extinción do incendio. Todo isto aconteceu por unha faísca que saltou dunha torre de alta tensión. Hai varias rúas cortadas e os axentes están actuando para manter a situación controlada. 

Opinión crítica:

Creo que este incendio foi provocado máis ben polo home que por unha faísca debido a que aproximadamente o noventa por cento dos incendios son provocados por nós e non naturalmente. Estamos acabando e arrasando co ecosistema de moitos seres vivos e é inxusto xa que eles non teñen ningunha culpa e non deberían pagar desta forma polos nosos actos. Deberíamos pensar e reflexionar en como vai a acabar o mundo se seguimos por este camiño e non cambiamos. A verdade é que estamos acabando con todo e vemos o que estamos facendo pero aínda así non facemos nada para arranxalo. A este ritmo imos a ficar sen bosques moi cedo e despois irán desaparecendo o resto de cousas ata que non quede nada.