domingo, 9 de xuño de 2019

Ideas principais do xadrez



Boas amigos xadrecistas!!!

Agora que xa sabemos o esencial para comezar a xogar, imos cas ideas principais das posicións en xadrez. 

O máis importante nunha posición é controlar o centro do taboleiro cos peóns. Despois de que os peóns controlen o centro, hai que desenvolver o resto das pezas. 
Os cabalos, case sempre se sacan cara ao centro, para acompañar e defender aos peóns. 
Os alfís, úsanse máis para o ataque, aínda que tamén para controlar o centro, que tan importante é nunha partida de xadrez. 
As torres, a maioría das veces, tamén se poñen nas columnas do centro, D e E, para aportar máis defensa ou para romper o centro do inimigo.
A dama, tamén é empregada principalmente para o ataque. E o rei, simplemente hai que poñelo nun sitio seguro, para que non che dean xaque mate.


Imaxe dunha posición de xadrez de CLUB DE AJEDREZ LINEX-MAGIC en Flickr






Xaque mate



Boas outra vez compañeiros!!!


Hoxe vou a ensinarvos a facer xaque mate nunha partida de xadrez.
O xaque mate é a posición na que o rei está ameazado e non ten a onde ir. Se o teu rival chega a esta posición co seu rei, gañarás a partida. Hai moitas maneiras de facer xaque mate pero eu vou a presentarvos as dúas máis simples.

Unha ca dama e cas dúas torres e a outra ca dama e cunha das torres. A primeira consiste en poñer as tres pezas en columnas ou filas seguidas, e que o rei este na do medio. Por exemplo, da maneira que se ve nesta imaxe:


Imaxe propia



 E a segunda maneira consiste en ir subindo dúas columnas ou filas cada peza, ata chegar á última, na que xa sería mate. Por exemplo, da maneira que se ve neste vídeo:



Vídeo propio


Espérovos na seguinte entrada, na que explicarei as ideas principais das posicións en xadrez.




mércores, 29 de maio de 2019

Un autobús explota en Vigo




Noticia


Traxedia en Vigo

Un autobús escolar explota en Vigo.

A tarde do martes vinte e oito de maio explotou un autobús escolar en Vigo. Segundo os bombeiros, este levaba aos nenos de excursión. O autobús volvía do planetario de A Coruña a Vigo, onde queda o colexio. Os nenos tiñan entre once e trece anos e ían en sexto de primaria.

 Hoxe, mércores vinte e oito de maio xa se sabe o número de persoas que estaban no autobús nese momento, vinte e tres, vinte nenos dous profesores e o condutor. Morreron todos os que ían no vehículo. Os dous profesores organizaran esta saída para celebrar que os nenos pasaban para secundario.

A única testemuña do accidente foi María P. G., unha muller de trinta e cinco anos que afirma que viu a un home facer algo sospeitoso antes da explosión. Declarou que o home estaba na rúa e tirou algo ao autobús e xusto despois explotou. A policía encontrou a arma que provocou esta traxedia dentro do autobús, un explosivo moi potente.

 A muller aportou unha descrición ás forzas de seguridade e estas xa teñen retido a ese home. Hoxe pola tarde van interrogalo uns militares xa que isto poderíase considerar un acto de terrorismo. Se é así o acusado terá que pasar o resto da súa vida nun cárcere de máxima seguridade sen poder ver nunca máis aos seus dous fillos e á súa muller.

A policía tamén descubriu que o sospeitoso foi técnico de explosivos en Siria ata que o expulsaron por ser moi violento cos seus compañeiros xa que chegou a partirlle a nariz a un deles. Polo tanto el mesmo podería armar o complexo explosivo encontrado no autobús.

Os pais dos nenos están esnaquizados pola morte dos seus fillos. Todos eles reuníronse con carteis nos que poñía terrorista e asasino diante da comisaría de policía onde está retido o sospeitoso. Seguiremos informando sobre o terrorista que puido haber causado tantas mortes.




Imaxe do autobús escolar de javibcn41 en Flickr








mércores, 22 de maio de 2019

A Torre Eiffel arde en París





Noticia


Arde  París

A Torre Eiffel consumida polas chamas.

O luns vinte de maio a grande e vistosa Torre Eiffel comezou a arder bruscamente e misteriosamente en París.

Hoxe, vintedous de maio, segundo a policía e o alcalde franceses, os bombeiros xa conseguiron extinguir o lume aínda que houbo importantes danos xa que a base estivo a piques de partir. De feito, unha vez extinguido o lume, tiveron que estabilizar a base do monumento para que non houbera ningún risco. Por sorte, nese momento na Torre Eiffel non había ninguén, xa que era de noite e estaban facendo algunha que outra reforma no seu interior.

Este suceso é moi estraño, xa que este monumento está construído con metal, e é difícil, máis ben, algo case imposible, que unha cousa deste material poida prender lume, e ademais, tan bruscamente. Os bombeiros e as forzas de seguridade xa están investigando este sorprendente acontecemento. Ao non encontrar ningún material que puidera prender naturalmente, sospeitase que o incendio puido ser intencionado.

Os franceses, xa algo máis tranquilos, aínda que ao mesmo tempo tristes, están organizando campañas para recompilar o máximo de diñeiro posible, co fin de restaurar un dos símbolos máis importantes de Francia. O alcalde, preocupado por esta noticia, está axudando aos cidadáns co diñeiro porque cre que este suceso podería afectar negativamente ao turismo francés. De feito, o alcalde xa ten dispoñibles dous millóns de euros.

As forzas de seguridade xa teñen un sospeitoso que estaba preto da Torre Eiffel no momento do incendio. Van a interrogalo e a buscar o obxecto que podería ser a causa da traxedia acontecida en París antonte. Seguiremos informando.




Imaxe da Torre Eiffel de TheDigitalArtist en Pixabay






xoves, 11 de abril de 2019

Regueifas



     
Copla 1

Os rapaciños de agora 
sempre telefoneando
hai que deixar as mensaxes
e comezar xa falando.


Copla 2

O galego a min me vai
é un idioma moi molón
con el regueifamos moito
e gozamos un montón.





O enroque


Boas xadrecistas!!!

     Hoxe vou a falarvos do enroque. O enroque é un movemento especial, xa que é o único que che permite mover dúas pezas nunha soa xogada ( o rei e unha das torres). 
     Este movemento é moi usado nas partidas xa que che permite esconder e asegurar o rei e ao mesmo tempo estás poñendo a torre a xogar. De feito é moi raro ver unha partida na que o xogador non se enroque. Eu, a dicir verdade, uso esta xogada sempre que podo.
     Hai dous tipos de enroque, o corto e o largo. O corto faise ca torre máis preta ao rei e o largo ca outra.

       Agora vouvos mostrar un vídeo no que podedes ver como se farían estes movementos, tanto o enroque corto como o largo:


Vídeo de vimeo.com



Espérovos na seguinte entrada.






venres, 5 de abril de 2019

Partida da Liga Galega

Ola!!!

Neste vídeo vouvos presentar unha das partidas pertencente á Liga Galega por Equipos de Xadrez   que disputei contra Luca Rey, un rival de moita consideración, que conseguiu derrotarme nesta ocasión.




Espero que vos gustara este vídeo. Estarei encantado de resolver tódalas dúbidas que vos xurdan durante a visualización.

Moitas grazas por seguirme.